Macarróns con couveflor – Cauliflower pasta

Click here for English version

Este plato é unha adaptación para a Thermomix dunha receita de Jamie´s 30 minute meals de Jamie Oliver e é un clásico do outono-inverno en casa dende que a descubrimos.

Segundo Jamie este prato non debería levar máis de 30 minutos facelo (sen contar que él prepara no mesmo tempo unha ensalada e un postre!) pero a nosa experiencia é que para facelo con xeito, e tendo en conta que non temos quen nos limpe a cociña, tárdase un pouco máis pero o resultado paga a pena porque esta pasta está deliciosa.

Sobra dicir que se podería preparar sen Thermomix e que tamén se podería facer a opción vexetariana (a que nós facemos a meirande parte das veces) simplemente obviando o xamón serrano.

INGREDIENTES (para 4 persoas):

– 350 gr. de pasta

– 1 cabeza de brócoli

– 1 cabeza de couveflor

– 1 vaso de nata

– 1 anaco de queixo (a décima parte dun queixo) ou un puñado de queixo relado tipo Parmesano, aínda que nós empregamos un queixo de cabra galego.

– 1 anaco de pan fresco ou un puñado de pan relado

– 1 dente de allo

– 4 talladas de xamón serrano (opcional)

– Sal e pementa

ELABORACIÓN

Poñemos un litro de auga no vaso da Thermomix e programamos 25 minutos, Temperatura Varoma, V1, xiro á esquerda. Poñemos enriba o recipiente Varoma cos talos do brócoli e a couveflor.

Cando falten 8 minutos para rematar engadimos a pasta ao vaso da Thermomix. É posible que necesitemos repoñer algo de auga.

Ao rematar, gardamos un vasiño de auga da cocción e coamos a pasta (pode ser a través do propio recipiente Varoma para non enlixar máis!). Volcamos a pasta, a verdura (esmagámola cun tenedor para reducir o seu tamaño), a nata e a auga separada no recipiente onde vai ir ao forno, engadimos sal e pementa e remexemos.

Se imos facer a receita con xamón serrano, metemos as talladas na reixa do forno (coa bandeixa debaixo, por se escorrega graxa) a 180 ºC, 5-6 minutos. Esta tarefa podemos facela por anticipado.

No vaso da Thermomix (sen lavar) botamos un dente de allo, o anaco de queixo cortado en pedaciños, as talladas de xamón e o pan, pechamos e pulsamos o botón Turbo unhas 3 veces, un par de segundos de cada vez.

As migallas resultantes ciscámolas por riba da pasta e verdura que xa están no molde e levamos todo a gratinar ao forno a 180ºC uns 10 minutos (se tendes sorte co voso forno, nós non podemos dicir o mesmo…).

English version

We adapted this recipe for the Thermomix from  Jamie´s 30 minute meals (who else?) and it’s become a winter classic in our house.

According to Jamie, this dish shouldn’t take any longer than 30 minutes (logically – although he also prepares a salad and dessert at the same time!) but in our experience, to do it properly, it takes a wee bit longer – but it’s worth it.

Obviously, you could prepare this without the Thermomix, and, if you really want to torture yourself, you could make a vegetarian version, without using ham.

INGREDIENTS (4 people):

– 350 gr. pasta

– 1 head of broccoli

– 1 head of cauliflower

– 1 cup of cream

– 1 lump of chees (the more the better, to be honest) or a handful of parmesan. We tend to use Galician goat’s cheese.

– 1 slice of fresh bread, or breadcrumbs

– 1 clove of garlic

– 4 slices of serrano ham (optional)

– Salt and pepper

METHOD

Put a litre of water in the Thermomix and programme fro 25 minutes, Temperature varoma, speed 1, reverse blade. Put the varoma bowl on top; cut the cauliflower and broccoli inside once they have been cut into pieces.

When there are 8 minutes left, add the pasta to the Thermomix. You may need to add a little more water.

Once the time is up, drain the pasta saving the pasta cooking water. You could drain through the varoma bowl itself to avoid getting more items dirty. Tip the pasta, veg, cream and water into an oven-proof dish. You may need to squash the veg down with a fork. Add salt and pepper and mix everything together well.

If you are going to use serrana ham, place the slices on the oven grill, with the tray underneath to catch any fat, and cook at 180º for 5-6 minutes. You could do this beforehand.

Without washing it, put the clove of garlic, the cheese (diced), the bread and the slices of ham into the Thermomix. Close and press the turbo button about three times a few seconds each time, until you have a breadcrumb consistency.

Spread these flavoured breadcrumbs over the pasta and vegetables and grill in the oven for around 10 minutes (if you have a good oven, unlike us!)

And there you have it!

Advertisements