Hummus

Hummus 1

Click here for English version

O hummus é unha especie de paté de garavanzo que facemos habitualmente cando organizamos un picoteo. Descubrímolo hai moito tempo, en busca de alternativas aos pinchos tradicionais, e a verdade é un sabor tan característico e intenso, que nunca defrauda. É tan sinxela que improvisamos a receita dunha vez para outra, pero neste caso fixemos a versión de Jamie Oliver en The Naked Chef.

Esta preparación é orixinalmente do Oriente Medio, aínda que é tan saborosa e doada que foi rapidamente importada por multitude de cociñas de todo o mundo. Neste caso preparámolo cuns pauciños de pan que modelamos a partir da masa básica de pan. Se sobra pódese untar no pan do bocadillo (e dalle un tocazo!).

Ingredientes

– 400 gr. de garavanzos cocidos (máis un pouco da auga da cocción)

– 2 dentes de allo

– Media culleradiña de comiño en pó ou sementes de comiño

– 2 culleradas de tahini (é unha crema de sésamo, nunha nota ao pé da receita atoparás as instrucións para elaborala en casa).

– O zume de medio limón

– Medio chile (segundo gustos pódese obviar)

– Sal

Utensilios

– Unha pota para cocer os garavanzos

– Un robot de cociña onde triturar todo. No seu defecto pódese empregar un morteiro, pero necesitarase un chisco de paciencia extra!

Elaboración

1. Deixamos os garavanzos a remollo a noite anterior. Cocémolos durante hora e media nunha pota convencional, ou por 10-15 minutos nunha pota presión.

2. No robot de cociña (ou morteiro) botamos os garavanzos cocidos e o resto de ingredientes da receita e trituramos. Na thermomix é un minuto a velocidade 5. Pódense gardar uns poucos garavanzos para a presentación. Se a mestura é moi espesa, vaise engadindo auga da cocción dos garavanzos ao gusto.

3. Unha vez na cunca onde imos servir, verquemos un pouco de aceite de oliva, os garavanzos reservados e pódese ciscar un chisco de pimentón ao gusto.

NOTA: para facer o tahini hai que torrar nunha tixola dúas tazas de semente de sésamo, a lume baixo e remexendo de cando en cando. Unha vez torradas mesturamos nunha trituradora cun cuarto de taza de aceite de oliva e trituramos até ter unha pasta. Na thermomix, tres minutos velocidad 8 (parando varias veces para baixar as salpicaduras das paredes). Parece moita cantidade pero ao final queda en media taza máis ou menos. Consérvase moito tempo na neveira

English version

Hummus 2

Because we are oh-so middle-class, we often prepare hummus dips when people come round. We discovered it a while back when looking for something different to traditional tapas, and it was such a success, that we keep coming back to it. It’s so simple that we basically make it up each time, but in this case, we used Jamie Oliver’s recipe from The Naked Chef.

We eat it with home-made bread-sticks. We roll them out from the same dough we make in the basic bread recipe. If there’s any hummus left over, it’s great in a sandwich.

Ingredients

– 400 gr. cooked chick-peas (and a bit of the water used to cook them)

– 2 cloves of garlic

– Half a teaspoon of ground cumin

– 2 tablespoons of tahini (a cream made from sesame seeds. Instructions to make it at home are at the end)

– Juice of half a lemon

– Half a chilli (optional)

– Salt

Equipment

– A pan to cook the chickpeas

– A kitchen robot to mash up all the ingredients. You could use a pestle and mortar, but it does ,mean an extra dose of patience!

Method

1. Leave the chickpeas to soak overnight. Cook them for an hour and a half, or 10-15 minutes in a pressure cooker.

2. Put the chickpeas and the rest of the ingredients in the kitchen robot, or pestle and mortar, and mash them to a paste. In the Thermomix, this is one minute, speed 5- reserve some of the chickpeas for the presentation. If the paste is a little thick, add some water from cooking the chickpeas until it’s the right consistency.

3. Once you have the paste in the serving dish, add a little olive oil, the left-over chickpeas and a little pepper, if you want.

NOTE: To make tahini: first, toast two cups of sesame seeds in a frying pan, on a low heat, stirring them now and again. Once they are toasted, whizz them up in a liquidizer with a quarter of a cup of olive oil, and liquidize to a paste. This is 3 minutes at speed 8 in the Thermomix (stopping now and again to scrape the paste from the sides of the bowl). It looks like a lot, but in the end, it0’s only about half a cup. keep in the fridge.

hummus3

the-naked-chef