Curry de espinacas

Click here for English version

Portada

Logo de catro anos, volvemos a experimentar o (bendito!) estrés de traballar dúas persoas en casa!! Toda a nosa rutina salta polos aires: xa non sempre hai pan caseiro dispoñible, acabáronse as “dixestive” feitas na casa e comemos pasta día sí día non (outra cousa é que a nós a pasta gústanos, todo hai que dicilo). En fin, que pouco tempo teremos a afacernos á nova situación porque o fin de curso está á volta da esquina, pero polo momento adicamos grandes esforzos a estudar receitas saborosas que se fagan nun visto e non visto (ás veces con Lea no colo e lendo aos Bolechas!).

Este curry é unha adaptación dunha receita que vin no Jamie Magazine, Saag Aloo, que está considerado un acompañamento na cociña hindú, aínda que el o plantexa como plato único e nós tamén o tomamos así. Foi un verdadeiro descubrimento: barato, doado, vexeta e moi rico, polo que non lle podemos pedir máis.

Ingredientes

Para 4 persoas

  • 5 patacas de tamaño medio-grande
  • 1 cebola
  • Unha culleradiña de sementes de comiño, coriantro e cúrcuma (moído) ou no seu defecto ou par de culleradiñas de pó de curry.
  • Un anaco de tres centímetros de xenxibre (opcional/prescindible)
  • 3 dentes de allo
  • Dous feixes de espinacas (uns 800 gr.)
  • Zume dun limón
  • Aceite e sal

Equipamento

  • Unha pota
  • Unha tixola
  • Un relador

Elaboración

  1. Nunha pota cócense as patacas en auga con sal durante 12 minutos.
  2. Mentres, nunha tixola fritimos a cebola picada en tiras até que estea suave (8-10 minutos) e engadimos as especias. Deixamos un par de minutos e engadimos o xenxibre relado e o allo (eu neste caso, xa que estou, tamén o relo).
  3. Escurrimos as patacas e volvémolas á pota e ao lume durante un minuto, para secalas. Pasado ese tempo, engadímolas á tixola, remexendo para que non peguen (probablemente sexa necesario engadir máis aceite).
  4. Engadimos as espinacas (de pouco en pouco) e cociñamos durante 10 minutos máis.
  5. Xusto antes de servir, esmagamos o zume dun limón enriba, salgamos e servimos (o ideal, con pan naan!).

English version

2

After four years, we are finally back to seeing two people going to work daily; it’s stressful, as it means there isn’t always fresh bread available, nor homemade digestive biscuits and that we eat pasta day in day out (and you though I did nothing at home…). It won’t last long, as the end of the school year is just around the corner, but we are taking advantage of the situation to research (that sounds grand, doesn’t it) quick, easy and delicious recipes; usually one that Lea can help with.

This curry is adapted from one of the editions of the Jamie Oliver Magazine (what a surprise) and was called Saag Aloo, supposedly an accompaniment in Indian cuisine, although he proposes it as a main course and that’s how we have been preparing it. It was a real discovery as it’s cheap, vegetarian (great…) and surprisingly tasty. What more do you want?

Ingredients

Serves 4

  • 5 medium-large potatoes
  • 1 onion
  • 1 tsp each of cumin seeds, coriander seeds, and ground tumeric; faling that, a couple of teaspoons of curry powder.
  • 1 piece of stem ginger, about 3cm long (optional).
  • 3 cloves of garlic.
  • 2 bunches of spinach (about 800 gr.)
  • Juice of 1 lemon
  • oil and salt

Equipment

  • 1 pot
  • 1 frying pan
  • Grater

Method

  1. Boil the potatoes in salted water for 12 minutes.
  2. Meanwhile, fry the chopped onion until soft (8-10 minutes) and add the spices. Leave for a couple of minutes then add the grated ginger and the garlic (which we also grate)
  3. Drain the potatoes then return them to the pot for a minute to dry. Add to the frying pan, and stir to ensure they don’t stick (you may have to add a little more oil).
  4. Add the spinach a little at a time and allow to fry for another 10 minutes.
  5. Just before serving, add the lemon juice, then salt and pepper to taste, and serve… ideally with Naan Bread.

4

Curry de Tante Nisha – Tante Nisha’s Curry

Curry 2

Click here for English version

O curry é unha salsa que se prepara cunha mestura de especias moi típica da India (e doutras rexións asiáticas) e hai centos de receitas diferentes, pero para nós a estrela é esta que aprendimos hai varios anos de Tante Nisha (a tía de Miguel, de orixe hindú, que por sorte para nós, cociña espectacularmente ben).

A primeira vez que fun a un restaurante hindú foi hai once anos en Birmingham, sendo Miguel estudante alí. Lémbroo entusiasmado presentándome os diferentes pratos: iogurte con menta, crema de xenxibre, os poppadoms, varios currys de degustación… e eu probando todo coa punta da lingua como con noxo… En fin, o meu era puro descoñecento cara ese mundo especiado que logo de varias visitas a Inglaterra (porque sen desmerecer a súa tradición, o curry é xa unha comida nacional) e despois do primeiro curry de Tante Nisha quedou solventado.

E así foi como este prato comezou a ser un dos máis especiais do noso recetario, máis aínda dende a promesa que fixemos hai tres anos de mercar só polo criado ceibe, o que dada a coxuntura económica, nos avoca a degustalo moi de tanto en tanto… Para nós este prato é un auténtico regalo, e co ben que cheira, coido que para a veciñanza tamén!

Ingredientes

Para 4 persoas

– Polo de curral. Máis que por peso, o que temos en conta para esta receita é que teña tres anacos para cada persoa, por tanto, uns 12 anacos de polo (facemos unha mestura de distintas partes)

– 4 cebolas

– 2 dentes de allo

– 1 cullerada de comiño en pó (adoitan vendelo enteiro e logo é cuestión de moelo na casa)

– 1 cullerada de coriandro en pó (igual que para o comiño)

– 1 cullerada de cúrcuma en pó (si se complica o de atopalo pódese substituír polo que aquí venden como colorante alimentario).

– 1 cullerada de curry en pó (nós empregamos unha variedade coñecida como Madrás, pero por aquí o que teño visto á venda é un especieiro que pon Curry, sen diferenciar por tipo: é o que hai!, haberá que apañarse ou facer a mestura en casa)

– 125 gr. de iogurte natural ou catro culleradas

– 1 bote de tomate enteiro pelado (de 750 gr. aproximadamente) ou 2 botes dos pequenos.

– Sal e pementa

– Aceite de oliva

Utensilios

  • Unha pota grande
  • Un robot de cociña ou morteiro no caso de non mercar as especias xa en pó

Elaboración

1. Salpiméntanse os anacos de polo. Nunha pota cubrimos o fondo con aceite e imos dourando o polo a lume alto en tandas, retirando a un prato o que vai estando listo.

2. Mentres córtase a cebola en xuliana (tiras). No mesmo aceite de fritir o polo, a lume algo máis baixo, bótase a cebola cortada e o allo laminado. Salpimentamos e deixamos sofritindo uns 5 minutos.

3. Engadimos á pota onde está a cebola tódalas especias e remexemos durante un minuto para torralas. Pasado este tempo engadimos o iogurte, cullerada a cullerada, remexendo e deixando que se evapore entre unha cullerada e outra. O resultado é unha “pasta” de cebola.

4. Voltamos o polo á pota xunto co tomate, baixamos a lume medio-baixo e deixamos cocer até que o polo estea brandiño (ao voso gusto, vaia) coa pota tapada. Para este polo de casa, nós cocémolo por unha hora.

5. Comproba o sabor. Se non está ao teu gusto picante, engádelle máis pementa e un par de guindillas á pota.

Sérvese cun arroz aromático chamadao Basmati e acompañado dun pan especial, pan naan.

Curry 4English version

To say I have as strange family is something of an understatement. It’s not often that you find yourself being thankful for the Second World War, but without it, I would never have been born, as my family hails from all over Europe. But to add a bit of spice to the mix, my auntie is of Indian descent (pun intended), and you’d be hard best to find a better curry than that prepared by my Tante Nisha.

María’s first encounter with the wonderful world of Indian cuisine was with me while I studied in Birmingham; let’s just say that she was less than enthusiastic. But over the years she has gradually opened up her palette, and curry has become one of our household favourites.

It hasn’t been too present of late for various reasons. One was the arrival of Lea, meaning less spicy foods, and second was our promise to ourselves to only by free-range or organic chicken, meaning this delicious animal is suddenly out of our price range usually! However, this week we gave ourselves a little treat (actually quite a big one). This made a very large curry, so we froze half for a later date.

Ingredients

– 1 free-range chicken. We usually calculate on pieces of chicken per person, using three pieces eacha s an estimate. This chicken provided over 12 pieces.

– 4 onions

– 2 cloves of garlic

– 1 tablespoon of ground cumin

– 1 tablespoon of ground coriander

– 1 tablespoon of ground tumeric

– 1 tablespoon of a curry powder (we used Madras, but you can make your own mixetures too)

– 125 gr. natural yoghurt

– 1 tin of plum tomatos

– Salt and pepper

– Olive oil

Equipment

  • 1 large pot
  • 1 kitchen robot, or a pestle and mortar and llots of patience if you didn’t get pre-ground spices

Method

1. Season the chicken. Put the oil in a pan and fry the chicken until golden, removing from the pan when done.

2. Meanwhile, cut the onion into strips. Fry in the same oil at a lower heat with the chopped garlic. Season and leave for about 5 minutes.

3. Add all the spices to the pot and stir well to toast them. Add the yoghurt, a spoonful at a time. Stir until the yoghurt has been absorbed before adding the next spoonful. The result is a type of onion paste.

4. Return the chicken to the pot and add the tomato, and leave on a medium-low heat. Leave until the chicken is nice and tender with the lid on. As this was free-range, and therefore a little tougher than normal commercial chicken, we left it for an hour.

5. Taste. If it isn’t hot enough, add a little more pepper or a couple of chilies.

Serve with basmati rice and naan bread.

Curry 1 copy