Today is the day!

Hoxe, 21 de Xaneiro ás 20.30 horas (das nosas), a canle de Jamie Oliver en YouTube vaise relanzar e para promocionalo fará un programa en vivo. Xa hai tempo que sigo a canle pero parece que a idea agora é facer material específico e non simplemente pendurar videos das emisións de televisión.

Estando o ano pasado en clase de inglés, o profesor pediunos que dixeramos palabras relacionadas coa cociña, e a min víuseme á cabeza rocket (rúcula). Quedouse mirando para min (creo que con respecto, por saber a quen teño na casa) e foise ao dicionario. Buscou, miroume e dixo “Como é posible que saibas a cuarta acepción de rocket do dicionario?. Eu non tiña nin idea dese significado”, ao que eu só puiden respostar: “Levo moito tempo seguindo a Jamie Oliver!”. En fin, que aínda que só sexa para mellorar o inglés, alá vou subscribirme!

Saúde

Because of you

Dende que me independicei economicamente dos meus pais, cada vez que recibín cartos de agasallo invertinos en pagar recibos varios, o penso da cadela ou devolver un agasallo atrasado. Pero este ano tiña que ser especial: 30 anos, e aínda que me costaba decidir dado o seu prezo e que non son allea á pegada ecolóxica dos electrodomésticos, distintos camiños encadeados leváronme á Kitchen Aid.

Sobra información boa en Internet sobre as súas potencialidades e funcionamento, lugar e forma de fabricación, durabilidade, etc. O meu con ela foi un amor a primeira vista. Sobre a cor que escollín espero falar noutro post dentro de cantos máis anos mellor (entenderedes cando cheguemos!).

Logo de catro meses agardando por ela xa está entre nós; é aparentemente perfecta, e na práctica seguro que tamén, pero xa o iremos descubrindo. Ela prendeu unha mecha que xa buscaba lume dende había tempo e bum! aquí está o noso blogue.

Benvidos e benvidas, grazas por detervos neste ceo aventado.

~  ~  ~

Since I left home, each time I got money as a present, I spent it on paying bills, buying dog food or getting a present for somebody. But this year had to be special: I turned 30. It was difficult to decide because of the price and its ecological footprint  but in the end, all roads lead to… the Kitchen Aid.

There is plenty of information on the Internet about its possibilities and how it works. There is also information about where and how it is made. It was love at first sight. I’ll tell you about the colour some other time (hopefully not for a long time).

After four months waiting, it is at home now. It seems to be perfect… we’ll soon discover how it works. It lit the fuse and… bang! Here is our blog!

Welcome and thank you for visiting our blog.