Caixa de son – Sound Tubes

caixa2

Ter a Lea na casa é un dos mellores agasallos que como pais lle puidemos dar, baixo a miña opinión; aínda que en días escuros e chuviosos, e dado que xa non hai sesta (e que non temos televisión!), ás veces hai que dirixir o xogo ou actividades para estarmos entretidas un pedazo.

Xa hai tempos que intento ler e formarme o máximo posible sobre distintos materiais construtivistas. Nesa procura atopei a María Montessori, as súas ensinanzas e as súas escolas. Máis aló do método (onde debo seguir formándome, pero que a priori me xera algunha reticencia), a súa filosofía e o material é realmente xenial. Neste sentido, o meu libro de referencia sobre “adaptacións” de materiais é Como obtener lo mejor de tus hijos, de Tim Seldin, de título desafortunado, pero con actividades moi claras e contextualizadas.

Os “cilindros sonoros” son un material clásico de Montessori. Consiste en ter varias parellas de tubos, identificados cun código de cor, que se fan soar e hai que ir facendo parellas segundo o son. Nós construímos os nosos con refugallo e outros materiais que tiñamos por casa.

Aquí aparece unha boa explicación do seu obxectivo (trátase dun blog sigo moito para as matemáticas). Tamén sigo este outro blog (en inglés), con cantidade de ideas prácticas para facer coas nenas na casa.

fideos

Material

  • Botes (de igual tamaño). Nós empregamos botes de nata dunha coñecida marca (de cuyo nombre no quiero acordarme...), que ao ter as tapas de diferente cor, facilitou a tarefa. Cantos? Comezando con 4, ata onde as ganas e o espazo dean de si.
  • Pintura ou autocolantes de dúas cores para pintar/poñer nas tapas. Montessori fai dous grupos: o azul e o vermello.
  • Material para encher os botes. Nós empregamos: pedras, garavanzos, sopa de fideo, arroz e auga.
  • Caixa/s para gardalos. Montessori gárdao en dúas caixas: unha de tapa azul onde van os botes azuis e outra de tapa vermella onde van os botes vermellos. Nós empregamos unha caixa vella de viño á que pintamos unha liña de témpera azul e outra vermella para sinalar onde teñen que ir colocados os botes segundo a cor da tapa.

Procedemento

  • Vanse metendo os garavanzos, arroz, auga, etc en botes de dous en dous. Para esta tarefa eu proporcionei a Lea o material nunha cunca e ela foi enchendo os botes cunha culler ou xerra (no caso da auga). Para ambas foi o momento da actividade máis gratificante.
  • Péchanse os botes (pódese facer con pegamento para maior seguridade) e póñense na caixa.

Caixa de son

  • Cando queiramos empregar a caixa de son, levámola a unha alfombra ou mesa. Sacaremos os botes, sen coidado de que se mesturen e trátase de que o/a neno/a emparelle de novo os botes.
  • Podemos empregar os botes como instrumentos musicais, como efectos especiais dun conto, teatriño, etc.

En fin, xa temos caixa de son. Fácil, barato entretido e ademais serve como agasallo.

Saúde

auga

It’s turning out to be a very wet, windy and cold winter. Normally, the library is one of our regular ports of call, but with this weather we’ve been staying at home and sometimes it can be difficult to keep Lea entertained, especially as we don’t have a television.

María’s been reading up on different constructivist materials, and quite a while back, she discovered Maria Montessori and her schools and methods. Although we’re not entirely sure about the methods (we need to keep investigating) her philosophy and material are convincing. Our guide in adapting material is Tim Seldin’s How to Raise an Amazing Child the Montessori Way which has very clear activities.

The “sound tubes” are one of the classic Montessori activities. There are various pairs of tubes filled with different items that make a sound when you shake them. Half are one colour and half the other (traditionally in red and blue) and the idea is to find the pairs of tubes that make the same sound. We used old cream bottles and other items (and rubbish) from around the home.

This is an interesting blog with lots of ideas on how to make and adapt Montessori material for the home.

caixa

Material

  • Different tubes or bottles of the same size and shape. We used cream bottles of a well known brand. These also come with different coloures tops, which made it easier. We started with 4, but you can keep adding as many as you like… depending on the space available of course.
  • Paints or stickers of two different colours for the bottle tops. Montessori uses two colour groups, red and blue.
  • Things to put in the bottles. We used small stones, chickpeas, rice, water and pasta.
  • A box to keep them. Montessori keeps them in two different boxes, one for the blue tubes and one for the red tubes. We used and old wine box and painted a red line on one side and a blue one on the other.

Method

  • Fill one bottle of each colour with the same material. We did this with Lea. She put the chickpeas and rice etc. into the bottles, and even used a jug to fill them with water. This was probably the most entertaining part of the activity!
  • Close the bottle (you can use glue to keep them sealed) and keep them in the box.

Sound tubes

  • When we want to use the sound tubes, we take them to a carpet or a table. We take out the bottles so that they all get mixed together, then try to pair them up again according to the sound they make.
  • You could also use them as musical instruments, or for sound effects in a story, etc.

So far, it seems that Lea was mostly interested in making the sound tubes and the pairing activity doesn’t seems to hold her interest for long. Maybe there are too few or itr’s simply not challenging enough, but I’m sure the Montessori purists would notice some error in our method!

Still, it’s cheap and easy to make and helps spend the time on those wet and horrid evenings.

How-to-Raise-an-Amazing-Child-the-Montessori-Way-Seldin-Tim-9780756625054

Bañeira de fabas

A idea dunha bañeira/balde de fabas déunola a irmá da nosa amiga Martina, que vive en Austria. Alí nas escolas infantís teñen algo semellante pero cheo dunhas boliñas de plástico (máis caras que a idea que propoñemos e dende logo unha proposta menos ecolóxica!). Nós tentamos copiar a idea deste catálogo que nos trouxo ela (páxina 35).

Trátase de encher un balde con fabas ou garavanzos para que os bebés se metan dentro ou xoguen nel con vasos ou outros utensilios. Sería como un “areeiro” pero apto para interiores. Nós reutilizamos a bañeira de cando Lea era bebecha.

A nosa experiencia é que non adoitan levar as fabas á boca, aínda que obviamente dependendo das inquedanzas das crianzas haberá que estar botando un ollo por se acaso.

Para a idade que ten Lea agora (dous anos e medio) xa non serve, pois agora está máis interesada en ciscar todo por fóra e aínda que ela o pasa ben dese xeito a nós non nos fai gracia estar recollendo polo que a nosa experiencia fai recomendar este xogo entre os 9 meses e o ano e medio.

Cremos que pode ser un agasallo bonito e orixinal para un bebé e dende logo económico!