Crema de augardente – Coffee and Almond Cream

Crema Orujo

E voilá, de novo á rutina… En fin, foron uns días moi bonitos, con moitas sorpresas (entre elas atopar que o queixo de Miguel está moi rico!), viaxes, reencontros e moita moita comida! Como xa vén sendo habitual na familia de Miguel, agasallamos con feito na casa, e este ano lanzámonos aos licores. Preparamos tres gustos diferentes, a máis doce e saborosa é esta crema de augardente que nada ten que envexar ás que comercializan, máis ben ao contrario!!

Grazas a todas as persoas que este Nadal cociñaron para nós pratos que por un ou outro motivo, case nunca os tomamos en casa pero que están deliciosos: asado de xabarín, curry de cordeiro, torta de galleta con forma de muíño, coles de Bruxelas con salsa de manteiga, xeado de mango, Brunch con bagels, langostinos e máis langostinos e mesmo a mellor tortilla saboreada en moito tempo!!

Por certo, poucas palabras terá o galego tan explícitas como augardente. Eu coa familia inglesa non me complico, traduzo literalmente fire-water, e ben que entenden cando a proban!!

Saúde

Ingredientes:

(70cl aproximadamente)

  • 1 taza de augardente
  • 1 taza de café recén feito
  • 1 taza de Almendrina (é un preparado comercial de crema de améndoa, haina nos supermercados)

UTENSILIOS

  • Cafeteira
  • Botellas para gardar a crema

Método

1. Mesturamos o café e a Almendrina na Thermomix a velocidade 5 até que a Almendrina quede completamente disolta. Se non se ten Thermomix valería con meter nunha botella a mestura e axitar forte.  Deixar arrefriar. Unha vez a temperatura ambiente, engadimos o augardente.

Consérvase na neveira e axítase antes de servir.

Crema 2

Bah, humbug! Christmas is over again.  This year we spent it in the Netherlands with the Dutch family. This year was a “home-made” Christmas; three different liqueurs (Cherry-plum gin, cherry orujo and coffee and almond cream). We also took over one of my home-made cheeses, my komijnekaas which was lovely, even if I do say so myself. We also had the opportunity to taste new recipes, Tante Nisha’s curry, Dan and Evita’s gingerbread windmill, lovely roast boar, sprouts in butter sauce, mango ice-cream and lots of full English breakfasts!

This weeks recipe is the lovely coffee and almond cream we made. It’s strong but very more-ish!

Ingredients:

(Makes approx. 700ml)

  • 1 cup of fresh coffee (made in a cafetière)
  • 1 cup of orujo (Galician spirit. I imagine brandy or whiskey could be used as a substitute)
  • 1 cup almendrina (a sugary almond paste)

Method:

Mix the coffee and the almond paste in the Thermomix at speed 5 until the almond paste has completely dissolved. Allow to cool. Add the orujo/brandy/whiskey and shake well. Store in the fridge and and shake before serving.

nadal

Advertisements

Licor de limón – Lemon Liqueur

Se vos lembrades, hai uns meses publicamos unha receita de Lemon cordial. Nesa receita aproveitamos os limóns que empregamos para facer un licor de limón. Agora que acaba de madurar o licor, é hora de publicar os resultados.

A inspiración vén do pasado Nadal, a tía de Lea, Evita, agasallounos cuns licores riquísimos feitos por ela. Un era vodka de framboesas, e o outro era Sloe Gin, a versión inglesa do Pacharán. Tamén fixemos este licor para lembrar ao bisavó de Lea, Opa, a quen lle gustaba moito o limoncello. Nós quixemos darlle un toque extra, así que engadimos uns trozos de xenxibre. O resultado é un licor doce e agradable, ademáis de fácil de facer.

Ingredientes:

– 500ml de augardente

-6 limóns

– 500gr de sucre

– 500ml de auga

– 1 lima e tres trozos de xenxibre fresco

Elaboración:

Bota nun recipiente a pel dos limóns. Coidado con non engadir as partes brancas que son moi amargas. Bota tamén a pel da lima e os trozos de xenxibre, se o vas usar. Engade o augardente e deixa macerar nun sitio escuro un 20 días (nós deixamos 21), axitándoo todos os días.

Pasado estos días, fai un sirope co sucre e a auga. Deixa enfriar e engade ao licor. Deixa outros 20 días (nos deixamos 34!). Pasado este tempo, filtra e embotella. Supónse que se conserva durante un ano, pero eu creo que, co rico que está, non aguanta tanto!

A couple of months ago, we wrote a recpe for Lemon cordialIn that recipe, we used the lemons that were left after making a lemon liqueur. Now that the liqueur has matured, it’s time to share the results

The inspiration came last Christmas when Tante Evita, Lea’s Auntie, gave us homemade Sloe Gin and Raspberry Vodka. We also decided in this recipe in honour of Lea’s great-grandfather, Opa, who was a fan of Limoncello. We wanted to give it an extra kick, so we added a few pieces of ginger. It’s a warm, sweet spirit and is very easy to make.

Ingredients:

– 500ml of augardente (or a cheap spirit)

-6 lemons

– 500gr of sugar

– 500ml of water

– 1 lime and three pound-size pieces of stem ginger

Method:

Put the lemon peel in a large container. be carful not to include the bitter white pith. Add the lime peel and the pieces of ginger (if you want to use them). Add the spirit of choice and leave in a dark place for 20 days or so (we left it 21), shaking every day.

After this, make a syrup with the water and sugar on a low heat. Let it cool then add it to yours liqueur. Leave it another 20 days (we left it 34 this time). Once you think it’s time, filter the liqueur and pour into bottle(s). It should keep for up to a year, but I reckon it won’t last that long; it’s far too nice!