Galletas para cans ~ Dog Biscuits

Galleta para cansClick here for English version

A primeira cadela que tiven o gusto de ter en casa (e a desgraza de perder) foi Muka. Ter a Muka en casa era como ter unha aspiradora andante: non había farangulla que se lle escapara. Foi moi útil cando Lea era pequena e botaba algo do leite polo chan: asqueroso si, pero o chan limpo sen ter que agacharte!!

Logo de perder a Muka, tentamos coller a cadela do refuxio que máis nos lembrara a ela, e así chegou Mía (medio can, medio morcego!), que efectivamente ten moita enerxía, pero a ela dálle pienso. Non quere saber nada dos restos. E nós, despois de tantos anos, non estamos avezados a tirar as peles de queixos, embutidos e peixes polo que reformulamos unhas galletas que anteriormente lle preparabamos a Muka co aceite de fritir o peixe, para “colarlle” os restos mencionados e de paso adestrala a cousas tan útiles como: saltar bancos do parque, darche a pata antes de comer, dar voltas sobre si mesma… en fin, paro, que aínda nola van levar de can policía do listiña que é!!

mia2

Ingredientes

  • 1/2 cunca de restos: peles de embutidos ou do peixe, mondas de queixo, algún embutido que se pon rancio (neste caso levaban morcilla) e en xeral calquera resto de comida humana. O que facemos é ter sempre un tupper pequeno no conxelador onde imos “acumulando”.
  • 2 culleradas de aceite
  • 1/2 taza de fariña integral de centeo
  • 1/2 taza de fariña semiintegral de trigo
  • 1 culleradiña de sal
  • 1 cullerada de lévedo de cervexa (mira que a coidamos!!)

Equipamento

  • Thermomix ou tixola
  • Forno

Elaboración

Para 150-180 galletas

  1. Na Thermomix tritúranse os restos pulsando varias veces o turbo ou 4 segundos en velocidade 5. Sen robot de cociña este paso faríase a man.
  2. Engádese o aceite e frítese a 100º, velocidade 1, 5 minutos. Sen robot, frítese 5 minutos na tixola, remexendo de cando en cando para “infusionar” os sabores.
  3. Engádense o resto dos ingredientes e mestúrase 1 minuto en Velocidade espiga. Sen robot, facer o amasado a man.
  4. Estírase o bolo sobre unha superficie enfariñada até uns 5 milímetros de grosor. Dependendo do tipo de resto empregado, ao mellor precisará máis fariña: engádeselle até que o bolo non seña pegañento.
  5. Tranfírese a unha bandexa de forno e córtase en forma de galleta. Nós cortamos cadrados de 1.5 x 1.5 cm, pero isto é cousa de cada quen (ou de cada can!)
  6. Fornéanse a 200º uns 20 minutos. Logo déixanse até que o forno arrefríe (deste xeito secan por completo), pero botándolles un ollo de cando en cando para que non queimen.

English versionmia

Muka was our first dog and she was always terrified of everything, so, to try to train her properly we had to use some kind of reward, something that would distract her from her fears. To do this is expensive using shop-bought biscuits, so we developed our own. It didn’t work, though, she was still always scared of everything. But we did teach her a few tricks: sit, paw, down, face, jump, over, wait, heel, close etc.

Unfortunately, we lost Muka, but we want to make sure that our new dog, Mia, is just as well-trained… this is proving to be quite difficult as Mia is pure energy and happiness; she’s always getting exited, be it because it’s dinner-time, that she’s going for a walk, or simply because you’re stroking her head. However, Mia won’t eat much of the food that falls on the flour, a definite set-back with a dog. So to train her, we have stated to collect all the leftovers together to make yummy dog-training biscuits. This way, all those yummy, greasy bits of fat and meat won’t get your hands dirty and the dog still gets a treat.

Ingredients

  • 1/2 cup of leftovers; in this case it was an old black pudding from the fridge, some chorizo skins, some cheese peel and a bit of left-over soup pasta. We have also used chicken gristle, fish skins, chicken skin etc. Anything the dog will eat, basically.
  • 2 tbsp oil
  • 1/2 cup whole-grain rye flour
  • 1/2 cup semi-whole grain wheat flour
  • 1 tsp salt
  • 1 tsp beer yeast

Equipment

  • Thermomix or a frying pan.
  • Oven

Method

Makes 150-180 biscuits

  1. In the Thermomix, grind the leftovers into small pieces. Alternatively, chop into little pieces by hand.
  2. Add the oil and fry at temp. 100º, speed 1, 5 minutes. Otherwise, fry for 5 minutes in the frying pan so that the oil gets infused with the flavour of the left-overs.
  3. Add the rest of the ingredients and mix for a minute on the dough cycle. Otherwise mix by hand.
  4. Roll out on a floured surface. Add more flour if you find it is a bit sticky, or you may need to chill for a while. Roll into a sheet about 5mm thick.
  5. Transfer to an oven tray on a baking sheet and cut into square biscuit shapes. We make each biscuit about 1.5cm x 1.5cm, but you can make them bigger or smaller depending on the size of your dog and what you want to use them for.
  6. Bake at 200º for around 20 minute. Turn the tray around half way through so that they all get cooked through. Turn off the oven but leave the biscuits inside for around an hour, checking every so often to make sure they have dried out completely. You should find that as the biscuits dry out, they separate into individual biscuits along the lines you scored into the dough.

bolacha

Advertisements