Mini Scotch Eggs

Scotch eggs portada

Click here for English version

Co cambio de hora parece que queda oficialmente inagurada a primavera!! Lonxe do debate sobre se é enerxeticamente eficiente ou non, eu estou encantada porque por máis que tratemos de arranxar, poñer toallas escuras ou tapar con cartón, Lea consigue vislumbrar as primeiras raiolas do sol por eses dous buratiños intapables da persiana, e érguese como os galos: despertando a toda a veciñanza!! En fin, que un rato máis na cama vainos sentar moi ben…

Os Scotch Eggs son uns dos meus pratos favoritos. Son ideais para levar de camping ou picnic, como merenda ao cole ou curre ou para tomar acompañando a outras tapas. Trátase dun ovo cocido recuberto de carne e finalmente rebozado e fritido. Nós sempre os facemos con ovos de paspallás porque  como son pequenos, a composición final ten un tamaño perfecto para comer de dous bocados. Tradicionalmente fanse con ovos de galiña pero a nós gústanos moito máis esta versión dun clásico de Jamie Oliver no seu libro Jamie´s Great Britain (unha xoia, para o meu gusto!), que á súa vez nós adaptamos aos produtos da terra.

1

Ingredientes

Para 18 mini Scotch Eggs

  • 18 ovos de paspallás
  • 6 chourizos crioulos
  • 1 cullerada de pimentón (picante ou doce, ao gusto)
  • Media noz moscada relada
  • Romeu e salvia frescos picadiños
  • Fariña de trigo
  • 1 ovos (de galiña) batido
  • Pan relado

Equipamento

  • Frixideira, tixola fonda ou cazo do leite para fritir.

Elaboración

  1. Cocer os ovos durante dous ou tres minutos (é dabondo!). Pelamos unha vez estean fríos.
  2. Cortamos a pel do chourizo e baleiramos a carne nun bol. Engadimos o pimentón, a noz moscada, o romeu, a salvia e mesturamos.
  3. Coas mans ben enfariñadas collemos un pouco da mestura da carne (tamaño albóndega), esmagamos na palma da man, poñemos o ovo centrado e pechamos a man formando unha boliña . En caso de non quedar perfectamente cuberto, traballamos a bóla pasándoa dunha man a outra. Imos pousándoas nun prato.
  4. Batemos o ovo. Poñemos fariña nun prato e pan relado no outro e aceite a quentar. Coma nós non temos frixideira empregamos un cazo (dos do leite) que enchemos até a metade de aceite.
  5. Fritimos os Scotch Eggs. Primeiro rodamos as boliñas pola fariña, logo mergullamos no ovo e finalmente pasamos polo pan relado. Fritimos entre tres e catro minutos (completamente mergullados en aceite) e ao sacar deixamos repousar un par de minutos nun prato con papel de cociña. Pódense tomar quentes ou fríos.

NOTA: Adoitamos facer 18 porque o traballo é o mesmo que para 12 ovos e en caso (MOI improbable) de sobrar, gárdanse un par de días na neveira.

English version

2

It took a long time to convince María that there were treasures to be found in British cuisine, but this was one of the things that finally won her over. Scotch eggs are one of my favourite snacks, but sometimes it can be too much of a mouthful; luckily, Jamie Oliver is always on hand to help and provided us with this simple solution that uses quail’s eggs instead. This means you can eat them in one mouthful (if you’re greedy like me), or two.

These are the perfect morning, mid-morning, lunchtime, afternoon, mid-afternoon or evening snack. We’ve used them in lunch boxes, as a starter or as part of a “tapas” dinner. They never fail to please and only need a little patience.

Ingredients

Makes 18

  • 18 quail’s eggs
  • 6 Cumberland sausages (we use criollo chorizo as it’s the closest we have to Cumberland sausages in Spain; you can use any spiced sausages)
  • 1 tbsp paprika
  • Half a nutmeg
  • Chopped rosemary and sage
  • Plain flour
  • 1 large egg
  • Breadcrumbs

Equipment

  • Deep-fat fryer or other deep pan.

Method

  1. Boil the quail’s eggs for two to three minutes. Allow to cool then peel.
  2. Remove the skin from the sausages then empty the meat into a bowl. Mix with the paprika, nutmeg, rosemary and sage.
  3. Make sure your hands are well floured. Take a piece of the meat mix, about the size of a large marble, and flatten it in your hands. Place a quail’s egg inside and bring the edges up carefully until the whole egg is covered. Roll around between both hands to seal completely.
  4. Once all the eggs are covered, flour them well,dip them into the beaten  egg, them cover in breadcrumbs.
  5. Fry in the hot oil (or deep-fat fryer if you have one) until they turn golden brown. Leave to dry on  kitchen paper. If you can’t resist taking a bite, be careful not to burn your mouth; they are very hot! Serve hot or cold at any time of day.

NOTE: We often make 18 as it’s just as much trouble as making 12. They keep well for a few days in the fridge… if you can leave them alone that long!