Receita básica de donuts – Basic Doughnut Recipe

Donut 1

Click here for English version

Unha das maiores inquedanzas de Lea no momento é saber historias de cando nós, ou calquera que se lle poña diante, eramos pequenos/as. Nun destes días lembrei as excursións do colexio, únicos días no ano en que me daban 100 pesetas e me deixaban mercar Donuts. De camiño ao Único (nome do establecemento que facía honra á escasa oferta comercial da vila) o meu debate era se irme aos tradicionais ou innovar cos de chocolate…

Pasados os anos chegou a casa unha máquina de rosquillas do Lidl: eses agasallos que non sabes se agradecer ou maldicir (máis adiante hai solución para os que non tendes máquina!). Logo de varios intentos buscando ese sabor tan característico dos Donuts comerciais, cheguei á conclusión de que neste caso non paga a pena perder o tempo buscando imitacións caseiras, e unha vez asumida a traxedia, aceptar que estes bocados son diferentes pero deliciosos.

Aquí queda a receita de Donuts, que NON son como os que se mercan,  froito da experimentación e mestura dos centos de receitas que creo ter visto (e algunhas dúcias que teño probado) para facer tan pequena exdonuts 3quisitez.

Ingredientes

Para 35 donuts

Para a masa:

  • 1 taza de fariña de trigo
  • 1 taza de fariña de espelta ou fariña de forza
  • 1 1/2 culleradiña de lévedo de panadería seco
  • 1 1/2 culleradiña de lévedo químico (tipo Royal)
  • 1/2 culleradiña de sal
  • Un pizco de bicarbonato sódico (prescindible)
  • 125 gr. (1/2 taza) de manteiga atemperada (de fóra da neveira)
  • 150 gr. (12 culleradas) de azucre
  • 2 ovos pequenos
  • 2 culleradas de iogur natural
  • 1/2 taza de leite
  • Reladura dunha laranxa
  • 10 cápsulas de cardamomo, que pelaremos para obter as sementes do interior

Para a glasa:

  • 1 taza de azucre glas
  • 1 cullerada de auga
  • Dúas culleradas de zume de limón
  • Reladura de laranxa

Equipamento

  • Máquina de rosquillas, molde de rosquillas de forno ou paciencia para facer isto.
  • Relador
  • Dúas cuncas grandes

Elaboración

1. Nun bol mestúranse as fariñas, lévedos varios, sal e bicarbonato sódico coa reladura da laranxa e as sementes de cardamomo (previamente machucadas no morteiro). Nós poñemos a pel da laranxa e as sementes de cardamomo con parte da fariña na Thermomix e pulsamos varias veces o turbo, aforrando deste xeito relar a laranxa e esmagar as sementes e obtendo unha mestura moi miúda.

2. Noutro bol ou robot de cociña mestúranse a manteiga e o azucre.

3. No bol que contén a manteiga e o azucre engadimos os ovos e o iogur sen deixar de remexer. Imos pouco a pouco engadindo a mestura das fariñas e o leite.

4. Introducimos a mestura no molde escollido. Para a máquina de donuts abonda con fornealos durante dous minutos. Póñense nunha reixa a arrefriar.

OLLO! A mestura non é “amasable”, é máis ben fluída. Nós amañámonos moi ben poñendo a masa no molde cunha espátula de silicona, pero podería facerse tamén cunha manga pasteleira.

5. Os donuts xa estarían listos, pero como saen un pouco feos de cor para o meu gusto (rústicos, di Miguel), poñémoslles unha glasa por riba: abonda con mesturar todos os ingredientes, mergullar os donuts e deixar secar, adornando con reladura de laranxa por riba.

TRUCO: Adoitamos facer os pasos 1 e 2 a noite anterior, para poder preparar o almorzo do día seguinte máis rápido (sobre todo se hai convidados/as!!)

English version

composite

When life gives you a doughnut maker… make doughnuts! So that’s what we did. Well, life didn’t really play a part, rather it was a kindly relative who saw a cheap one going in Lidl. Doughnuts have never really been my thing; María loves those industrial, heavily packed ones, but I’ve always found them far too dry. The nicest I ever has were as soft as down and absolutely coated in sugar, from the Entre Lusco e Fusco market. These aren’t a bad second place, though; they’re fun to make, taste great and keep visitors happy.

It’s taken a while to come up with a suitable recipe. We’ve tried loas from all over the internet, even from Jamie Oliver, but the most difficult part of maing these doughnuts was… taking the pictures! It’s been an uphill struggle trying to place the food correctly to show it off. We had wanted a full view from above, but none of the photos were convincing. In the end we settled for these ones (hopefully they do the doughnuts justice!)

Enjoy!

Ingredients

Makes 35

Dough:

  • 1 cup of wheat flour
  • 1 cup of spelt flour or strong white flour
  • 1 1/2 tsp of dry yeast
  • 1 1/2 tsp baking powder
  • 1/2 tsp salt
  • A pinch of baking soda
  • 125 gr. (1/2 cup) of butter at room-temperature
  • 150 gr. (12 tbs) sugar
  • 2 small eggs
  • 2 tbs natural yoghurt
  • 1/2 cup milk
  • Grated orange zest
  • The seeds of 10 cardamom pods

Icing:

  • 1 cup of icing sugar
  • 1 tbs water
  • 2 tbs lemon juice
  • Grated orange zest

Equipment

  • Doughnut maker; doughnut mould for the oven, or enough patience to do this.
  • Grater
  • Two large mixing bowls

Method

1. Mix the flour, baking powder, yeast, salt and baking soda with the grated orange zest and the crushed cardamom seeds. We put the orange zest and the cardamomo seeds in the Thermomix with a bit of flour and blitz it with the turbo button; this way we avoid grating and using the pestle and mortar.

2. Mix together the butter and sugar in another bowl (in our case in the KitchenAid)

3. Add the eggs and yoghurt to the butter and sugar, while continually mixing. Then add the flour and milk a little at a time.

4. Put the ix into the moulds. In the machine, you only need a couple of minutes. Leave to cool on a rack.

WARNING! This isn’t a thick dough! It’s more liquid. We muddled through using silicone spatula, but it would be easier and quicker using a cake decorating pipe.

5. The doughnut are now ready, but you can spice them up a bit. We put a little icing on top; just mix the ingredients in a bowl and dip the doughnuts in, then leave to dry. You can decorate the top by sprinkling some orange zest over the top.

TIP: We often do steps 1 and 2 the night before. This means having fresh warm doughnuts for breakfast the next day! (especially useful if you have guests over).donuts 2