Pan Naan – Naan Bread

Naan

Click here for English version

O pan Naan é un pan típico do centro e sur de Asia, parecido ao pan Pita (máis común agora que os Kebabs están tan extendidos) pero de diferente forma. É o acompañamento perfeto para o curry posto que a súa forma aplanada permite “linguar” (parafraseando a Lea) o prato, pero tamén o empregamos como pan de bocata ou mesmo cortado á metade con algo enriba tipo pizza.

Xa sei que vivindo onde vivimos, coas panaderías que ten o país, debería ser delito facer pan na casa, pero é que o cheiro que mete a panificadora non hai Ambipur que o supere!!

Saúde

Ingredientes

  • 250 mL de leite (podería substituirse por bebida de avea, arroz, soia…). Equivale a unha taza e un oitavo doutra.
  • 3 culleradas de iogurte natural
  • 1 cullerada de azucre
  • 1 e media culleradiñas de sal
  • 2 culleradas de manteiga fundida
  • 450 gr. ou 3 tazas de fariña de forza. Nós empregamos fariña de espelta como substituta á fariña de forza convencional. Se aínda non coñeces a espelta, podes botarlle un ollo ás características básicas na Wikipedia.
  • 1 culleradiña e cuarto de lévedo de panadería seco ou 20 gr. de lévedo de panadería convencional.

Utensilios

  • Panificadora
  • Culleres/tazas medidoras

Elaboración

1. Ponse o leite na cubeta da panificadora, seguida do iogurte, azucre, sal e manteiga. Cóbrese coa fariña e ponse finalmente o lévedo seco. En caso de empregar o lévedo de panadería, este poríase a continuación do leite. Prográmase ciclo de amasado.

2. Cando o ciclo remata, volcamos a masa sobre unha superficie enfariñada e amasamos brevemente. Divídese a masa en catro anacos do mesmo tamaño.

3. Estiramos agora a masa para darlle a forma característica do Naan, que sería algo así como unha sola de zapato.

4. Poñemos o forno a precalentar uns tres minutos na máxima temperatura e opción grill (se tedes a sorte de que o voso forno a teña, nós non somos tan afortunadas…). Métense os naan, dous de cada vez, uns 4-5 minutos por cada cara.

Unha vez cocidos, envólvense nun pano de cociña para mantelos quentes, e deste xeito preséntanse na mesa. Pódense facer con antelacion sen problemas (memso conxelalos), neste caso habería que recalentalos un par de minutos no forno.

Naan3

English version
Naan bread is an easy and delicious accompaniment to any curry. Although you can now buy them in many supermarkets, why bother when making them at home is easy and far more tasty?

Lea loves this bread, but you don’t just have to eat it with curry; you can fill it with shawarma (we buy shoarma powder… in Holland!) or as sandwich bread. The smell leaves the house smelling wonderful and it tastes just as good.

Enjoy!

Ingredients

  • 250 ml. milk
  • 3 tablespoons of natural yoghurt
  • 1 tablespoon of sugar
  • 1 1/2 teaspoons of salt
  • 2 tablespoons of melted butter
  • 450g (3 cups) of strong white flour. We use spelt flour instead of strong flour.
  • 1 1/4 teaspoons of dry yeast, or 20g of fresh yeast.

Equipment

  • Breadmaker
  • Measuring equipment

Method

1. Put the milk in the breadmaker bucket, followed by the yoghurt, sugar, salt and butter. cover with the flour then add the yeast on top. If you’re using fresh yeast, add it together with the milk. Start the dough programme

2. Once the programme has finished, tip the dough out onto a floured surface and knead slightly. Dived into four equally-sized pieces.

3. Roll out the dough into the typical Naan shape, roughly like the sole of a shoe.

4. Pre-heat the oven on the maximum temperature, or use the grill. Stick the Naan under the grill for 4-5 minutes each side until they start to turn golden.

Once they’re cooked, wrap the naan in a kitchen towel to keep them warm. You can make them in advance and even freeze them, although you will need to re-heat them in the oven for a couple of minutes. And there you have it. Easy peasy!

Naan

The breadmaker bible

Advertisements

Un comentario en “Pan Naan – Naan Bread

  1. Pingback: Curry de espinacas |

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s