Crema de augardente – Coffee and Almond Cream

Crema Orujo

E voilá, de novo á rutina… En fin, foron uns días moi bonitos, con moitas sorpresas (entre elas atopar que o queixo de Miguel está moi rico!), viaxes, reencontros e moita moita comida! Como xa vén sendo habitual na familia de Miguel, agasallamos con feito na casa, e este ano lanzámonos aos licores. Preparamos tres gustos diferentes, a máis doce e saborosa é esta crema de augardente que nada ten que envexar ás que comercializan, máis ben ao contrario!!

Grazas a todas as persoas que este Nadal cociñaron para nós pratos que por un ou outro motivo, case nunca os tomamos en casa pero que están deliciosos: asado de xabarín, curry de cordeiro, torta de galleta con forma de muíño, coles de Bruxelas con salsa de manteiga, xeado de mango, Brunch con bagels, langostinos e máis langostinos e mesmo a mellor tortilla saboreada en moito tempo!!

Por certo, poucas palabras terá o galego tan explícitas como augardente. Eu coa familia inglesa non me complico, traduzo literalmente fire-water, e ben que entenden cando a proban!!

Saúde

Ingredientes:

(70cl aproximadamente)

  • 1 taza de augardente
  • 1 taza de café recén feito
  • 1 taza de Almendrina (é un preparado comercial de crema de améndoa, haina nos supermercados)

UTENSILIOS

  • Cafeteira
  • Botellas para gardar a crema

Método

1. Mesturamos o café e a Almendrina na Thermomix a velocidade 5 até que a Almendrina quede completamente disolta. Se non se ten Thermomix valería con meter nunha botella a mestura e axitar forte.  Deixar arrefriar. Unha vez a temperatura ambiente, engadimos o augardente.

Consérvase na neveira e axítase antes de servir.

Crema 2

Bah, humbug! Christmas is over again.  This year we spent it in the Netherlands with the Dutch family. This year was a “home-made” Christmas; three different liqueurs (Cherry-plum gin, cherry orujo and coffee and almond cream). We also took over one of my home-made cheeses, my komijnekaas which was lovely, even if I do say so myself. We also had the opportunity to taste new recipes, Tante Nisha’s curry, Dan and Evita’s gingerbread windmill, lovely roast boar, sprouts in butter sauce, mango ice-cream and lots of full English breakfasts!

This weeks recipe is the lovely coffee and almond cream we made. It’s strong but very more-ish!

Ingredients:

(Makes approx. 700ml)

  • 1 cup of fresh coffee (made in a cafetière)
  • 1 cup of orujo (Galician spirit. I imagine brandy or whiskey could be used as a substitute)
  • 1 cup almendrina (a sugary almond paste)

Method:

Mix the coffee and the almond paste in the Thermomix at speed 5 until the almond paste has completely dissolved. Allow to cool. Add the orujo/brandy/whiskey and shake well. Store in the fridge and and shake before serving.

nadal

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s