Mince Pies

Mince PiesOs mince pies son unhas tartaletas recheas moi típicas desta época do ano en Inglaterra. O recheo coñécese como mincemeat, e orixinalmente facíase a mestura de froita similar á que presentamos con carne (de ahí o seu nome), aínda que na actualidade xa só se emprega o sebo animal, que á súa vez nós substituímos por manteiga.

Esta mestura é moi doce e especiada, e condensa extraordinariamente ben os sabores do Nadal inglés nun só bocado. É a proposta de Miguel para o concurso de cociña de Nadal no que participamos (www.velocidadcuchara.com). Recoñezo que así “a saco” é demasiado doce para o meu padal, pero hai que contextualizalo: ás seis da tarde, cunha taciña de té… xa entra mellor!!

Saúde!

Ingredientes

Para 18 tartaletas

Mincemeat:

  • 3 mazás peladas e reladas
  • 2 tazas de uvas pasas (tipo sultana)
  • 1 taza de froitas deshidratadas: albaricoque, arandos ou outras
  • 150gr laranxa escarchada
  • 100gr manteiga
  • 50gr améndoas troceadas
  • 1 cullerada de canela
  • 1 culleradiña de cravo en pó
  • Reladura e zume dun limón e unha laranxa
  • Un pizco de noz moscada
  • Un anaco de xenxibre troceado
  • 3 culleradas de licor de guindas/brandy/xerez

Masa:

  • 350gr de fariña branca
  • 225gr de manteiga
  • un pizco de sal

“icing” ou cobertura de azucre:

  • azucre glacé
  • zume de limón

Utensilios

  • Cazo ou pota de tamaño medio-grande
  • Bandexa de madalenas
  • Relador

Método

1. Para preparar o mincemeat, derrete a manteiga nunha ola co lume moi baixo. Rela as mazás e engade a manteiga co resto dos ingredientes, menos o licor. Deixa no lume durante unha hora para que se mesture ben, removendo de cando en vez, ou, na Thermomix a 50º, xiro á esquerda, velocidade culler. Engade o licor ao final e deixa 5 minutos máis.

NOTA: Este preparado pode facerse con antelación e gardalo en botes herméticos (como as conservas) ou deixalo na neveira un par de días antes das tartaletas.

2. Para a masa, mestura a manteiga coa fariña até que teña unha consistencia de miga de pan (velocidade 5). Garda en papel de film na neveira durante unha hora. Estira ben a masa, corta uns círculos e méteos na bandexa de madalenas. Coce ao forno a 180º durante 20 minutos até que estean douradas. Engade o mincemeat, sen encher de todo, aplana cunha culler e coce outros 10 minutos. Saca do forno e deixa enfriar.

3. Para cubrir, pon unhas 6 cucharadas de azucre glacé nun vaso e engade unhas gotas de zume de limón. É importante non engadir demasiado xa que se fai demasiado líquido. Mestura todo; engade máis zume se é moi espeso, ou máis azucre se é moi líquido. Cunha culler, extende unha pequena cantidade sobre a tartaleta e deixa endurecer. Pódense tomar fríos ou quentes (aguantan varios días na neveira unha vez feito todo)

MInce pies

Yup! That’s right! Another Christmas recipe! Well, I just couldn’t let Christmas pass without adding my all-time favourite Christmas treat, the delectable mince pie. I’ve made these on a number of occasions and everyone here in Galicia says they’re too sweet and sickly and moan, moan, moan. Because a slab of turrón, which is just sweet almond paste, is much tastier. Anyway, this is the real taste of Christmas and can be accompanied by a glass of wine, a sipper of port, a cup of tea… or even on it’s own. It’s delicious, and that’s final.

Ingredients

Makes 18

Mince Meat:

  • 3 pealed and grated apples
  • 2 cups of raisins
  • 1 cup of mixed, dried fruits (cranberries, apricot, etc.)
  • 150gr sugared orange, chopped
  • 100gr butter
  • 50gr chopped almonds
  • 1 tablespoon ground cinnamon
  • 1 teaspoon ground clove
  • grated zest and juice of one orange and one lemon
  • a pinch of nutmeg
  • 1 piece of ginger, peeled and grated
  • 3 tablespoons of cherry liqueur/brandy/sherry

pastry:

  • 350gr plain white flour
  • 225gr butter
  • a pinch of salt

icing:

  • icing sugar
  • lemon juice

Equipment

  • 1 medium-sized pan
  • muffin tray
  • grater

Method

1. Melt the butter in the pan over a low heat. Add the other ingredients, except the liqueur. Leave to simmer for about an hour, stirring occasionally, or in the Thermomix at 50º, reverse and gentle stirring. Add the liqueur at the end and leave for another 5 minutes. Store in sterilized containers in the fridge

2. To make the pastry, mix the butter and flour until it resembles bread crumbs (Sped 5). wrap in cling film and leave in the fridge for an hour. Remove from the fridge, roll out on the work surface and use a cutter to make the bases. Place these in the muffin tray and cook at 180º for around 20 minutes, until golden. Remove from the oven and place the mincemeat in each pie. Do not fill to the top. Smooth the mincemeat with the back of a teaspoon until flat. Return to the oven for another 10 minutes. Remove from oven and leave to cool.

3. To make the topping, put about 6 tablespoons of icing sugar into a cup and gradually add a few drops of lemon juice. It’s important to add only a little as the mixture will quickly become too runny. If this happens add more sugar. With a spoon, cover the mince pies with the icing. Smooth out with the back of the spoon and allow to set. Can be eaten cold or warmed up.

Mince Pies3

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s