Xelatina de clementina – Clementine Jelly

Clementine jelly

Click here for English version

Aínda que me “repatea” bastane o Nadal, hai que recoñecer que a nivel culinario son unhas festas espectaculares: as mesas visten as mellores galas, marisco e viño sen recato e veña postres e máis postres… Entre tanta ostentación, no meu primeiro Nadal en Ingleterra, no 2010, vinlle a Jamie na TV preparar esta xelatina e pareceume unha idea fantástica.

Serve para postre diario (en realidade ten moi pouco azucre) aínda que nós preséntamolo como postre de Nadal a un concurso promovido noutro blogue de cociña (www.velocidadcuchara.com) xa que nos parece moi acaída porque ademais de barata e sinxela, é en sí mesma, o sabor do Nadal inglés!

Ingredientes

  •  2 sobres de xelatina neutra en pó (ou a equivalencia que serían 10 follas de xelatina)
  • 600ml de zume de mandarina/clementina (son sobre unhas 20 unidades)
  • Azucre
  • Un anaco de xenxibre, pelado
  • 1 cullerada de extracto de vainilla
  • 2 iogurtes naturais (empreguamos grego porque para esta receita en concreto, vaille máis a textura cremosa)
  • Un anaco (como 6 onzas) de chocolate negro (70% cacao)

utensilios

  • Cazo ou pota de tamaño medio-grande
  • 6 vasos
  • Relador

Método

  1. Medimos 500 mL de agua. Desta, retiramos un vaso a onde engadimos os sobres de xelatina a hidratarse. O resto, poñémola a quentar nun cazo (lume medio) xunto co zume de clementina. Cando estea quente engadimos a xelatina hidratada e remexemos de cando en vez. Engadimos un pouco de azucre (como dúas culleradas, aínda que variará segundo o voso gusto).
  2. Relamos o anaco de xenxibre sobre unha táboa de cortar e esmagamos o resultante sobre a xelatina do cazo (o que conseguiremos será unha gotas de extracto puro de xenxibre).
  3. Colocamos 6 vasos sobre unha bandeixa, verquemos a xelatina e gardamos na neveira até que se consolide (mínimo 2-3 horas).
  4. Xusto á hora de servir, mesturamos o iogurte co extracto de vainilla e poñemos unha cullerada cobre cada xelatina. Rematamos relando unhas virutas de chocolate enriba.

NOTA: Poderíase empregar tamén agar-agar en lugar de xelatina (opción vegana). Na receita orixinal él engade unhas talladas de clementina que nós omitimos porque non nos gustan para esta receita os “tropezóns”.
English version
Xelatina 2

Unlike María, Christmas for me is the very bestest of all the holidays; I’m not a fan of  traditional Spanish Christmas food; cauliflower and cod… yum… but English Christmas puddings are great. During María’s first English Christmas in 2010, we saw Jamie prepare this desert on the TV, and she just had to try it.

It doesn’t contain much sugar, and you don’t have to have it just at Christmas, but it was our entry in a Christmas cooking competition on another food blog (www.velocidadcuchara.com). It ‘s cheap and easy, so what more do you want?

Ingredients

  • 2 envelopes of gelatine powder (or 10 gelatine sheets)
  • 600ml of mandarin/clementine juice (about 20)
  • Sugar
  • a small piece of peeled stem ginger
  • 1 teaspoon of vanilla extract
  • 2 natural yoghurts (we used greek style because… it’s nicer!)
  • Plain chocolate (70%)

Equipment

  • medium or large pan
  • 6 glasses
  • Grater

Method

  1. Measure 500ml of water. Take out a glass of water and add the gelatine envelopes. Put the rest of the water in a pan on a medium heat with the cementine juice. Once it’s hot, add the gelatine and stir occasionally. Add sugar to taste (about two teaspoons)
  2. Grate the ginger and add to the gelatine mixture.
  3. Pour the gelatine mixture into the 6 glasses and put in the fridge until set (2-3 hours).
  4. Just before serving, mix the yoghurt with vanilla extract and spoon a tablespoon into each glass. Grate some plain chocolate over the top.

NOTE: You could also use Agar-Agar instead of gelatine as a vegan option. The original recipe includes small pieces of clementine in the jelly, put we don’t like the bits.

Xelatina 3

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s