Crumble de Compota – Simplest Apple Crumble

O outono é a época das mazás, e este ano “chovéronnos” por todas partes! É unha froita moi agradecida para cociñar, mais esta semana non quixemos preparar algo excesivamente doce, senón un postre/merenda de diario, que ademais se pode presentar de moitas formas.

Alén de estar moi rica, a compota é barata e sinxela de preparar, ademais de internacional, pois ámbolos dous temos lembranzas da nosa infancia tomándoa. Se me concentro, aínda vexo á miña abuela Casita (si, lestes ben) forneando mazás na cociña de leña ás que logo lles engadía unha chispa de azucre por riba, e que estaban de gloria…

O crumble é unha idea tipicamente inglesa, que consiste nunhas “faragullas” que se torran no forno e que casa realmente ben coa compota. Admite varios preparados, a nós o que máis nos gusta é o que mestura fariña e avea.

Ingredientes (para 4-6 persoas):

  • Para a compota:

– 8 mazás de tamaño mediano, peladas

– 1 limón

– Canela en pó (opcional, pero moi recomendada)

  • Para o Crumble:

– 100 gr. de fariña de trigo

– 100 gr. de copos de avea

– 100 gr. de manteiga

– 50 gr. de azucre

– Un chisco de sal

Elaboración:

Para preparar a compota, poñemos as mazás cortadas en láminas no recipiente Varoma e cociñamos ao vapor durante 20-25 minutos (adoitamos facer esta operación cando cociñamos na Thermomix, para aproveitar a enerxía). Tamén se pode facer cociñando nun cazo as mazás cun pouco de auga, durante 10 minutos.

Exprimimos o zume dun limón e trituramos a mazá con este zume: velocidad 5, 30 segundos (ou pódese aplastar cun garfo). Engadimos canela ao gusto.

Para elaborar o crumble, mesturamos todos os ingredientes nunha cunca e refregamos a mestura entre os dedos até ter unha textura faragullenta ou ben na Thermomix, velocidad 3 e medio, 30 segundos.

Poñemos en moldes individuais a compota por abaixo e o crumble por riba e gratinamos 15-20 minutos (até que a superficie estea douradiña) e xa temos sobremesa autóctona “tuneada”!

Autumn means apples and this year we’ve had loads. It’s a good fruit for cooking and this week we didn’t want anything too sweet, just an everyday dessert.

As well as being very tasty, the compote is easy to prepare and brings back memories, apple crumble having always been one of my favourite puddings (after mum’s crispy bread and butter pudding and rice pudding).

This recipe is a bit different from a traditional apple crumble as the apple compote is used rather than layering pieces of apple. We then covered this with a crumble taken from… you guessed it! Jamie Oliver.

Ingredients (serves 4-6):

  • Compote:

– 8 medium-sized apples, peeled

– 1 lemon

– Ground cinnamon (optional, but highly recommended)

  • Crumble:

– 100 gr. plain flour

– 100 gr. porridge oats

– 100 gr. butter

– 50 gr. sugar

– A pinch of salt

Method:

To prepare the compote, we put the apple pieces in the Thermomix’s Varomaand we steamed them for 20-25 minutes (we usually do this while cooking something else so as to not waste electricity). You can also boil hem in a pan with a splash fo water for 10 minutes.

Juice the lemon then liquidize the apples with the lemon juice: speed 5, 30 seconds (or squash them with a fork). Add cinnamon to taste.

To prepare the crumble, place all the ingredients in a bowl, then mix everything with your hands until it resembles breadcrumbs (or do it in the Thermomix – speed 3.5, 30 seconds).

We put the compote into individual serving dishes, then covered this with the crumble mixture, then stuck it in the oven for 15-20 minutes, until golden and delicious!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s