Bañeira de fabas

A idea dunha bañeira/balde de fabas déunola a irmá da nosa amiga Martina, que vive en Austria. Alí nas escolas infantís teñen algo semellante pero cheo dunhas boliñas de plástico (máis caras que a idea que propoñemos e dende logo unha proposta menos ecolóxica!). Nós tentamos copiar a idea deste catálogo que nos trouxo ela (páxina 35).

Trátase de encher un balde con fabas ou garavanzos para que os bebés se metan dentro ou xoguen nel con vasos ou outros utensilios. Sería como un “areeiro” pero apto para interiores. Nós reutilizamos a bañeira de cando Lea era bebecha.

A nosa experiencia é que non adoitan levar as fabas á boca, aínda que obviamente dependendo das inquedanzas das crianzas haberá que estar botando un ollo por se acaso.

Para a idade que ten Lea agora (dous anos e medio) xa non serve, pois agora está máis interesada en ciscar todo por fóra e aínda que ela o pasa ben dese xeito a nós non nos fai gracia estar recollendo polo que a nosa experiencia fai recomendar este xogo entre os 9 meses e o ano e medio.

Cremos que pode ser un agasallo bonito e orixinal para un bebé e dende logo económico!

Advertisements

Un comentario en “Bañeira de fabas

  1. É certo que é un agasallo que dá moito xogo!!, Dora empezou a usalo cun ano, e tivo temporadas en que tódolos días se pasaba no fabeiro un bo rato, primeiro enchendo botes de diferentes tamaños, con culleres de distintos tamaños, despois comezou aesconder partes do seu corpo, e ao final escondíamos obxectos. Dora exploraba e melloraba a súa motricidade, e nunca levou á boca as fabas. Si é certo que cara aos dous anos empezou a deixar de xogar nel, e agora empregamos a gran tina para que Dora se meta dentro, e xogue a viaxar…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s