Pan básico de panificadora

Hai dous anos, de vacacións en Bristol, ao pasar por diante dunha Charity Shop (semellante a unha  tenda de segunda man pero que doa os beneficios a distintas ONGs, moi comúns no Reino Unido) vimos no escaparate unha panificadora. Demos un chimpo de alegría porque dende había tempo queriamos unha, pero as que nós queriamos (sen teflón) eran demasiado caras, e mercar unha nova con teflón dábanos na conciencia. Mercámola por 20 libras, que non foi un gran choio porque é o modelo do Lidl e non creo que alí as vendan moito máis caras!

Durante dous anos, practicamente todos os días fixemos pan ou masas nela, probando e perfeccionando diferentes receitas, e ao cabo dese tempo deixamos de usala porque o molde estaba xa tan gastado, que nin rascando cunha pa se daba despegado o pan.

A pasada semana decidimos poñela en uso de novo e mercar un novo molde, e desta volta, dado que xa sabemos a rendibilidade que lle damos ao aparato, decantámonos por un molde sen teflón. Para o modelo de panificadora que eu teño (Silvercrest HK-1171, que é o modelo antigo pero exactamente igual que a Bifinett KH-1171) serve o molde de panificadora 8650 de Unold, que venden na tenda online Conasi (www.conasi.eu).

A nosa casa volve arrecender a pan recén forneado todas as mañás! Esta é a receita dese pan de diario.

Ingredientes (todos, excepto a fariña de forza, de procedencia ecolóxica):

– Unha taza de auga

– Dúas culleradas de azucre

– Tres culleradas de aceite de oliva

– Unha culleradiña e media de sal

– Tres tazas de fariña: media de integral de centeo, media de semi-integral de trigo, unha de trigo branco e unha de fariña de forza

– Unha culleradiña e media de lévedo seco

– Sementes ao gusto. Nós empregamos (dependendo dos días): liñaza, sésamo, cabaza, xirasol, papoula…

Como sempre, os líquidos van primeiro e logo os sólidos, deixando o lévedo de último. Nós poñemos sempre o programa máis longo.

Esta receita está tomada e modificada posteriormente do libro Breadmaker Bible, de Karen Saunders, atopado tamén de segunda man e realmente o título faille honra!

Advertisements

Un comentario en “Pan básico de panificadora

  1. Impresionante!

    Acabamos de probar a receita e encantounos. Vai pasar a ser a nosa receita de cabeceira 🙂

    Non acabábamos de atopar unha receita para a nosa recentemente adquirida panificadora que nos convencese, e esta levou o primeiro premio.

    Grazas por compartir este pequeno tesouro.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s