Shortbread

Shorbread significa literalmente “pan curto” pero non é un pan, senón máis ben unha galleta de manteiga que nós tomamos acompañadas habitualmente do té ou café de despois de comer. A min é unha galleta que me lembra a Inglaterra, porque aínda que orixinalmente é escocesa hoxe en día é moi típica en todo o Reino Unido.

Esta receita está tomada do libro Cook with Jamie, de Jamie Oliver e non ten maior ciencia que mesturar todos os ingredientes, aínda que eu creo que o que lle da realmente o toque diferente é a calidade da manteiga (eu empreguei, como adoito facer sempre, de orixe ecolóxica).

Ingredientes (para unhas 25 galletas):

– 250 gr. de manteiga sen sal

– 125 gr. de azucre

– 250 gr. de fariña “normal”

– 125 gr. de fariña de millo ou semolina (eu se non teño, bótolle fariña de garavanzo que fago no momento na Thermomix)

Elaboración

Bátense xuntas a manteiga e azucre até que estean ben combinadas, eu emprego a Kitchenaid. Engádense as fariñas (tamén poño un chisco de sal) e mestúrase ben até ter unha masa faragullenta , pero que non se pega nos dedos. Eu cambio a pa da Kitchenaid polo gancho para este paso.

Transfírese a masa ao molde previamente untado en manteiga e vaise premendo para que ocupe todo o espazo (cunha espátula sería o ideal pero ao final sempre acabamos empregando os dedos).

Un truco noso é que neste momento, facémoslle uns cortes á masa coa forma de galleta que queremos para que ao desmoldar rompa por estes cortes e sexa moito máis doado de separar (porque senón ao arrefriar ponse dura e quebra con facilidade).

Císcase azucre por riba e vai ao forno uns 40-50 minutos (todo dependerá do grosor, que á súa vez dependerá do molde que escollas) a 150ºC.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s